Porto do Son prepara a Sen-Son 10K, a celebrar en decembro

16 Novembro 2023
R.S.

Porto do Son prepara a Sen-Son 10K, unha carreira que foi presentada este xoves. O centro de interpretación do Castro de Baroña acolleu o acto de presentación, no que participaron o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo; o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo; o tenente de alcalde, Manel Deán; o técnico de Deportes, Luis Otero; e Ezequiel Mosquera, xerente de Emesports, empresa organizadora da cita. Pablo Dapena, campión do mundo de tríatlon de longa distancia, será o padriño e invitado especial desta edición, na que a organización confía en volver colgar o cartel de completo e reunir a preto de 2.000 persoas.

A actividade celebrarase o domingo 17 de decembro a partir das 11.00 horas, coa tradicional proba específica para a rapazada no día previo, en ámbolos casos coa vila de Portosín como centro de operacións. Do mesmo xeito que ano pasado, o evento incluirase no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

A Sin Son 10K será unha das grandes probas deportivas galegas e estatais deste remate do ano, ademais de “unha magnífica oportunidade para desfrutar da paisaxe marítimo-terrestre sonense en todo o seu esplendor”. De feito, o lema desta convocatoria é Corremos mirando ao mar.

As probas rexeranse pola normativa rexistrada na web www.sinson10k.com. As inscricións poden facerse na web Emeports.es e rematarán o luns, 11 de decembro deste ano, ás 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel. O número de deportistas confirmados este mes de novembro era de preto de case 600. Con estas cifras e tendo en conta os días que restan para a finalización do prazo, todo indica a que serán alcanzados (e mesmo superados) os importantes números de participación acadados o ano pasado: 2.000 deportistas, sumando a proba grande do domingo, a clásica dos 10 quilómetros, coa proba escolar e a nocturna dos cinco quilómetros (a xornada previa).

Respecto da carreira absoluta (Sin Son 10K), terá saída será ás 11:00 h e disputarase sobre unha distancia de 10 quilómetros en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. Estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo. A partir do 8 de decembro ata o 12 de decembro; poderán facer efectiva a recollida. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán Portosín (o día 16 de decembro na Casa da Cultura, na Feira do Corredor dende as 19.30 ás 21.00 h) e en Portosín mesmo día da carreira en horario de 8.00 a 10.30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída.

Respecto da xornada previa, a das probas escolares, celebrarase o sábado 16 a partir das 17.00 horas, en Portosín. O límite será de 500 participantes. Será unha proba de balde. A meta estará na zona portuaria da localidade. A recollida de dorsais efectuarase dende as 15.30 horas da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a meta.

O prezo para os que queiran participar na Sen-Son 10K será de 12 euros. Pola súa banda, para os corredores da carreira escolar e a inclusiva a inscrición será gratuíta.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...