Porto do Son combaterá a violencia de xénero con actividades deportivas e formativas na Piscina Municipal

16 Novembro 2023

Porto do Son vai celebrar un variado feixe de actividades con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O programa, do que falamos este mércores ao completo neste medio, terá unha marcada vertente deportiva, a través dun lema que se estende a todos os ámbitos deportivos e escolares do termo municipal: O deporte din NON á violencia de xénero. Esta será a base das actividades previstas para o sábado 25 no Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Porto do Son, que prepara unha programación especial. Haberá cursos de balde de Aquagym (en dúas quendas dependendo da intensidade: de 10.00 a 10.45 horas -intensidade alta- e de 11.00 a 11.45 horas -intensidade baixa, media-) e de Aquacircuit (de 12.00 a 12.45 horas, intensidade alta) abertos a toda a veciñanza. As inscricións están abertas até o 22 de novembro na recepción da Piscina ou chamando ao 604 051 189. Trátase dunha actividade gratuíta para persoas abonadas e non abonadas. Haberá prazas limitadas. Organizan o Concello e a Escola de Natación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.