Pesar en Ribeira pola morte de Miguel Ruiz Rivas, técnico municipal de Deportes e irmán do senador e ex-alcalde, Manuel Ruiz

03 Novembro 2023

Ribeira amenceu este venres coa triste noticia do falecemento de Manuel Ruiz Rivas, técnico municipal de Deportes durante as tres últimas décadas. Tiña 62 anos e morreu na madrugada deste venres vítima dun cancro.

Miguel Ruiz era unha persoa moi querida no municipio, especialmente no ámbito deportivo. Ex-xogador do Atlético de Ribeira, desde o seu posto como técnico municipal impulsou varias escolas deportivas na localidade.

A comezos dos 90, Miguel Ruiz incorporouse ao departamento de Deportes do Concello de Ribeira como técnico municipal. Desde ese posto, impulsou diferentes disciplinas a través das escolas, pero tamén colaborou con clubs e entidades. O pasado mes de outubro, o Natural Sport recoñecía o seu traballo brindándolle unha homenaxe e esta mañá, nada máis coñecerse a noticia, desde a entidade lamentaban a perda: «Sempre agradeceremos toda a súa axuda e ou esforzo que lle prestou ao club e ao concello para a promoción do deporte».

Estaba casado e tiña tres fillos. A capela ardente está instalada na sala 3 do Tanatorio do Barbanza, situado en Xarás, onde os seus restos mortais serán incinerados este venres 3 ás 21.00 horas na intimidade familiar. Miguel era irmán do exalcalde de Ribeira e senador Manuel Ruiz Rivas. O funeral polo seu eterno descanso celebrarase este sábado día 4 ao mediodía na igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...