Padrón acolle este 30 de novembro un seminario informativo de voluntariado europeo (Paideia)

16 Novembro 2023

O vindeiro 30 de novembro celebrarase unha charla informativa sobre o programa de voluntariado europeo na sede da Asociación Paideia da Escravitude, Padrón. Será ás 12.00 horas.

Este programa é totalmente gratuíto (o programa cubre a viaxe, comida, aloxamento, seguro médico, desprazamento dende o aloxamento ao proxecto). O único requisito é ter entre 18 e 30 anos de idade e residir nun país da Unión Europea

Segundo explican dende Paideia, “a través do voluntariado europeo, a mocidade poderá desfrutar dunha estadía de entre 2 a 12 meses noutro país de Europa colaborando con proxectos de diferentes temáticas que abarquen cultura, educación, medio ambiente ou colectivos vulnerábeis”.

Máis información (e inscricións) sobre o voluntariado europeo na web de Paideia.

Outros artigos

En Outes o Concello argallou unha gran festa para dar a benvida a 2027

O Concello de Outes comezou a achegar detalles do seu programa de actividades de Nadal. En concreto, compartiu información sobre a festa da Noite Vella en Outes, que será en palabras do Goberno local, “unha cita inesquecíbel para darlle a benvida ao novo ano xuntos,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.