Os socialistas de Rianxo piden ao Concello refacer a proposta do Plan Madruga

15 Novembro 2023

O grupo Socialista de Rianxo presentou unha moción no pleno ordinario do 26 de Outubro co ánimo de “dar solución ao problema actual do Plan Madruga proposto polo Grupo de Goberno de ReC, Rianxo en Común”.

O voceiro do PSdG de Rianxo, Óscar Rial, xunto coa concelleira Tamara García, responsábel da Área de Educación e Servizo Sociais dentro da agrupación socialista, manifestaron que “a viabilidade dun proxecto modelo de Plan Concilia debe nacer do diálogo entre a comunidade educativa, o tecido sociodeportivo e a Administración local”. Pola contra, critican que o Goberno “non escoita a nosa proposta”.

Tamara García expresouse deste xeito na moción: “Entendemos que se trata dun programa sen consenso, que nace da premisa de ou se fai así ou non sei fai, e que nace da falta de diálogo coa restantes forzas política e da falta de diálogo coa anpas, cos clubs e coas empresas, xa que a vinculación público-privada debese explorar, así como a público-asociativa”. Os socialistas fixeron saber que “so hai 5 familias que disfrutan deste servizo, o que se traduce en 14.000 euros destinados a un Plan Concilia que xa estaba abocado ó fracaso inicial”. O problema, indicaron, está nos requisitos do plan, que inclúe uns criterios “onde prima máis o IPREM, non dando cabida a outros ratios de renda, que os horarios laborais”.

Así se dirixiu Tamara García ao actual Goberno rianxeiro: “O que tratan de facer vostedes con estas bolsas é o financiamento de servizos xa existentes, cos que ben podería terse reunido e expor e recoller outras opcións, de querer dar unha achega económica neste sentido e que canto menos, se beneficiasen máis familias de Rianxo”.

Óscar Rial engadiu que “necesitamos un plan flexíbel e que garanta que as familias actuais teñan posibilidade de poder gozar dun Plan Concilia”

En base a isto, sinalou, “presentamos unha moción en pleno ordinario de 26 de outubro, onde de forma previa solicitamos información para poder analizar a proposta con datos reais, e ver a incidencia xeográfica da mesma”. Esta información, criticaron, “foinos denegada por parte da Concelleira de Servizo Sociais de ReC, cando era sempre práctica habitual a solicitude de información”.

Peticións da moción

-“Que nun período máximo de 2 semanas se convoque unha reunión do Concello Escolar Municipal, para tratar este e outros temas”.

-“Que se inicie o proceso para xerar a figura de coordinadora de anpas, para fomentar un proxecto conxunto”.

-“Estudar a viabilidade de implantar un comedor municipal para dar servizo ós colexios de Rianxo e a Servizo Sociais, con programas de entrega de comida”.

-“Que se faga unha programación bianual (días sen cole, LudoNadal, campamentos de verán, que as actividades deportivas comecen e finalicen co curso escolar, e se busque un modelo que garanta a conciliación, a mellora no ámbito deportivo mediante programas conxuntos co resto do tecido asociativo e empresarial rianxeiro)”.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión