Os servizos de emerxencias rescataron a un mozo que caeu nunhas rochas na beira do mar en Porto do Son

23 Novembro 2023

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. Bombeiros de Boiro

Un particular contactou co 112 Galicia pasadas cara as 9:15 horas desta mañá, alertado sobre un home que caera ao mar na zona da Gralleira, en Caamaño. Aínda que conseguira subir de novo ás rochas, estaba ferido e precisaba ser rescatado.

Nada máis recibir o aviso, o 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Finalmente, e tras valorar un posible rescate por aire, os servizos de emerxencias conseguiron trasladalo nunha padiola ata o lugar no que esperaba a ambulancia, na que foi evacuado ao Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...