Os Populares de Ribeira piden que se repoñan os sinais de tráfico de Olveira

09 Novembro 2023

Fai uns días apareceu tirado un espello de circulación situado no cruce de Reiriz, na parroquia de Olveira. A zona carece de visibilidade nas duas direccións, polo que o tráfico que frecuenta ese cruce está facendo maniobras de importante perigo.
Asimesmo no cruce da carreta de campelos fai alguns meses que falta unha sinal de espello que tamen aparecera tirada. Neste caso os vehículos teñen que sobresair a carretera principal para ter visibilidade, incurrindo tamén nun risco para a circulación
do cruce.
Do mesmo xeito hai máis sinais de tráfico na parroquia que necesitan ser revisadas, por iso o grupo popular municipal solicita que se repoñan con urxencia as sinais de espello, se axilicen as tarefas de revisión de sinais de vital importancia para o tráfico, e tamén, sen carácter de urxencia e que se revisen as demais sinais da parroquia de Olveira.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión