Os centros de coworking da Pobra e Boiro celebran este venres unha xornada para fomento do emprendemento xuvenil

30 Novembro 2023
O LabBarbanza, o Centro de Coworking de Boiro

Os espazos de traballo colaborativo e innovador (coworking) da Deputación da Coruña na Pobra e e Boiro (LAB Barbanza) realizan este venres 1 de decembro unha actividade conxunta sobre emprendemento xuvenil. Grazas a esta actuación o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Espiñeira de Boiro terá a oportunidade de aprender a emprender no marco do programa educativo que desenvolve o Coworking da Pobra.

Ademais, ao abeiro desta actividade, o alumnado realizará unha visita ao LAB Barbanza de Boiro, onde a cooperativa Kracia recibirá ao grupo de estudantes, que ademais de visitar as instalacións, terá a oportunidade de coñecer aos promotores desta cooperativa de mercadotecnia dixital.

A continuación, o grupo desprazarase ao Coworking da Pobra, onde dúas ex-usuarias do centro, promotoras dos proxectos Exeria e Treboada, e a xestora do centro, da empresa Promove, organizan a xornada Cafés feministas para emprender. Segundo informou a Deputación, a organización desta xornada é “o resultado das sinerxías entre tres mulleres emprendedoras, en diferentes etapas, que se unen para axudar a outras persoas que, coma elas, buscan apoio para gañar confianza na aventura de emprender”. Arredor dun café, os grupos de alumnos e alumnas participantes terán a oportunidade de analizar o emprego e o emprendemento no Barbanza para reflexionar arredor dalgunhas cuestións de xénero que inflúen á hora de emprender.

Estudantes de Arquitectura visitaron Arenaza

Por outra banda, o Coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros) recibiu este mércores 29 a visita dos alumnos e alumnas da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Durante a súa estadía coñeceron de primeira man o funcionamento do centro, tiveron ocasión de resolver as súas dúbidas relacionadas cos espazos de traballo colaborativo e descubriron as posibilidades que lles brinda o Pazo de Arenaza de cara ao seu futuro.

Podemos atopar máis información sobre todos os centros que integran a Rede Provincial de Coworking na súa páxina web.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.