O PSdG de Rianxo presenta unha moción para modificar a xestión do Mercado Municipal

22 Novembro 2023

O PSdG de Rianxo presentou un moción para modificar a forma de xestión do mercado Municipal, como “impulso para poder reverter a situación actual de funcionamento e ocupación”. O voceiro do PSdG de Rianxo, Óscar Rial, presentou a proposta este 17 de novembro de 2023, dirixida a instar ó Goberno de Rianxo en Común a “iniciar os trámites necesarios para modificar a forma de xestión deste espazo tan necesario para Rianxo”, sinalou, lembrando que “nos últimos anos, e a pesares dos intentos de dinamizar este espazo, o Mercado Municipal de Rianxo non acaba de lograr unha ocupación adecuada para permitir que sexa un lugar de referencia para a veciñanza”. Os socialistas consideran que a localización é boa, pero “a configuración de tendas de venta en Rianxo é distinta a do resto da comarca, xa que na vila dispoñemos de bastantes tendas ( carnicerías, peixerías, panaderías, froiterías, etc, con locais propios sen pagar alugueiro, e tamén postos de venta itinerante que dan servizo ás aldeas, o que dificulta en moitos casos a ocupación dos postos que oferta esta praza de abastos”.

Na moción consideran “que debemos interferir polo tanto, no modelo de xestión, e optar por unha xestión indirecta”, tal e como se recolle no regulamento do Mercado Municipal de Abastos de Rianxo, capítulo II e artigo 4, de modalidades de prestación de servizo.

O PSdG recoñece a súa sorpresa coa reacción do grupo de Goberno (Rianxo en Común) tras achegar a proposta, “xa que despois de presentala o alcalde Julián Bustelo iniciou a exposición de que en breve farase a licitación de postos, máis vemos que estes procesos son lentos e dificultan a ocupación, polo que o apropiado sería que esa responsabilidade recaera na medida do posíbel nas asociación de comerciantes que agora mesmo hai en Rianxo”. E engaden: ” Deberíamos buscar a fórmula de que isto fora así, por operatividade, por eficiencia nos procesos, e por que dotaría tamén ás asociacións de espazo para a dinamización do noso pobo”

O PSOE lembra que Rianxo en Común, no seu punto 8 de programa, propón o seguinte:

“Medida 8. Converteremos o Mercado Municipal nun referente comercial dos produtos locais, realizando nel as melloras necesarias e potenciando a diversificacións de funcións. Á vez, buscaremos financiamento para emprazalo noutra localización”.

Consideramos que esta é unha proposta pouco acertada: conseguimos poñer a funcionar un mercado para despois cambialo, non ten sentido esta proposta, mesma situación que propoñen noutras actuación como CREAR NA VIVENDA DOS MESTRES UNHA AULA DE ESTUDO, cando xa temos unha creada e en funcionamento,, non sendo prioritario e restanto capacidade operativa a ese espazo.
Polo tanto dende este grupo Municipal creemos que é importante: Estudiar e Cambiar o un modelo de xestión a unha xestión indirecta e como lle afecatrá de forma positiva ou negativa os comercios que xa hai instalados. Establecer un período máximo de proba de funcionamento de 2 ano e facer unha revisión ANUAL, para valorar o funcionamento e iniciar mecanismos alternativos si fosen necesarios ( Buscar espazo alternativo dende o momento da cesión para avanzar en caso de non conquerir de forma favorable a proposta)
De non funcionar esta nova proposta incidiríamos en destinar este espazo a zona recreativa pechada : ocio xuvenil e parque infantil.

Outros artigos

Ribeira reforza a limpeza e o mantemento dos contedores de lixo

Dende a Concellería de Servizos Municipais de Ribeira informan á veciñanza que se están a levar a cabo os labores de reposición dos contedores de lixo que se atopaban en mal estado, moitos dos cales, segundo explicou o dito departamento do Concello, "xa superan a...

+

A Pobra conmemora o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...