O PP de Ribeira solicita a retirada de vehículos do estacionamento dos Xulgados

10 Novembro 2023

O Partido Popular de Ribeira, a través da concelleira María Sampedro Fernández, vén de emitir unha solicitude relativa ao estacionamento lindeiro aos Xulgados de Ribeira, que, segundo reclama a agrupación, é necesario que sexa obxecto dunha retirada de vehículos e dun acondicionamento integral. Segundo fan saber, “hai anos que se veñen facendo xestións perante diversas administracións para contemplar a posibilidade de proceder á retirada dos vehículos que se atopan nas inmediacións do Xulgado de Ribeira, así como na entrada da subida que leva ao parque periurbano de San Roque”.

Trátase de vehículos que no seu día foron incautados por algún procedemento xudicial, “mais nestes momentos atópanse nun estado deplorábel causando unha imaxe negativa e nada desexábel nun entorno urbano e que é a porta de entrada ao pulmón verde do concello”, sinala o PP, engadindo que nos últimos meses, en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza, “reiniciamos contactos coa nova titular do Xulgado de Instrución nº 2 de Ribeira co fin de reactivar a retirada que posteriormente foi aprobada pola xuíz decana”. O grupo lembra que dende a Dirección Xeral están a facer as xestións con xestores autorizados para a retirada dos vehículos e coa Garda Civil para identificación das matrículas para o cal precisan poder ter un acceso ás mesmas libre da maleza.

A petición do PP de Ribeira resúmese deste xeito: “Que se axilice a limpeza da parcela e o entorno onde se atopan os vehículos abandonados para poder acceder, por parte das autoridades competentes, á identificación e posterior retirada dos mesmos”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.