O Plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia a 820 centros este curso, entre eles un de Boiro

18 Novembro 2023

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) volve medrar este curso ata acadar os 820 centros educativos
beneficiados, 28 deles de nova incorporación, tal e como avanzou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, con motivo da apertura da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia que congrega en Santiago de Compostela a un milleiro de docentes para debater e intercambiar experiencias neste eido.
A representante da Consellería de Educación destacou o “importante” apoio da Xunta aos colexios e institutos que participan no programa, que reciben un total de 1,5M€ para a mellora destes espazos educativos que, en palabras de Judith Fernández, “exercen un papel fundamental na mellora das competencias académicas dos rapaces ao tempo que contribúen a reforzar a calidade do conxunto do sistema”.
Tamén salientou a aposta polo rural nesta convocatoria (coa mesma puntuación, prioriza as bibliotecas situadas en concellos de menor poboación) e pola adquisición de materiais en língua galega (como mínimo o 50% dos fondos mercados deben estar en galego) e dos destinados á atención da diversidade.
O obxectivo desta iniciativa é, por tanto, continuar mellorando estes espazos, a través da renovación dos seus recursos, para impulsar a comprensión lectora, o uso das bibliotecas como laboratorios creativos de aprendizaxe ou o estímulo do hábito lector entre toda a comunidade educativa.

Así pois, grazas ao financiamento da Consellería, os 28 centros de nova incorporación (a razón de 15 na provincia da Coruña, catro na de Lugo, dous na de Ourense e sete na de Pontevedra), poderán actualizar os fondos documentais da súa biblioteca escolar, renovar o mobiliario e adquirir novo equipamento que consideren necesario.

Centro de nova incorporación: CEIP Plurilingüe de Abanqueiro Boiro

No caso dos centros que renovan o programa, reciben axudas para fondos, para renovar mobiliario e outros equipamentos, ou para gastos de funcionamento, en función do seu ano de incorporación ao programa. Ademais, todos eles reciben formación específica, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.
Encontro Bibliotecas Escolares
Precisamente co obxectivo de seguir afondando na mellora dos espazos de lectura dos centros e incentivando a súa constante actualización, un milleiro de docentes danse cita hoxe nun encontro de bibliotecas escolares con distintas sesións e obradoiros ao longo de toda a xornada que servirán para analizar o papel das bibliotecas, afondar en novos programas de mellora e innovación e no intercambio de experiencias e boas prácticas.

Entre os relatores participantes cómpre destacar a presenza do pintor, ilustrador, guionista e director de animación Miguelanxo Prado, os ilustradores Xosé Antón Villaverde e Jorge Campos, a bibliotecaria Sira González e os investigadores Daniel Cassany, Xabier Martínez e Xulia Pisón.

Outros artigos

Luns con chuvascos intermitentes diminuindo pola tarde

Tras o paso da fronte da xornada anterior, Galicia queda este luns na área de chuvascos. Agárdase unha xornada de ceo cambiante e chuvias intermitentes que irán remitindo ao final do día; poderán ser de neve por riba dos 1200 metros. As temperaturas seguirán sen...

+

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...