O parque infantil da Praza de Galicia de Boiro xa ten randeeira inclusiva

28 Novembro 2023

O parque infantil da praza de Galicia de Boiro xa conta cunha randeeira (columpio) inclusiva. Foi nstalada polo Concello de Boiro respondendo a unha petición das familias do municipio que frecuentan este lugar de lecer para as crianzas da zona. Estamos a falar dun brinquedo adaptado e de integración encamiñado a rapaces e rapazas con mobilidade reducida con arnés de protección. “É un elemento pensado especialmente para os nenos e nenas con algún tipo de discapacidade polo que rogamos que se faga un uso responsábel do mesmo”, afirmou a concelleira delegada dos parques infantís, Olga González.

O parque da Praza de Galicia é un dos máis empregados do municipio durante todo o ano, especialmente dende que se realizou a cuberta. “Pouco a pouco queremos seguir mellorando e renovando os parques infantís do municipio, adaptándoos ás necesidades dos nosos nenos e nenas”, recoñeceu a concelleira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.