O novo Memorial Mireya Dieste (Rianxo) contará coa presenza dos músicos e compositores Juán Durán e Margarita Viso

06 Novembro 2023

O vindeiro 11 de novembro celébrase en Rianxo unha nova homenaxe á que foi unha das máis destacadas intérpretes musicais do século XX de cantas tiveron a súa orixe no concello: Mireya Dieste, sobriña do escritor Rafael Dieste. A sexta edición do Memorial Mireya Dieste celebrarase ás 20.30 horas do vindeiro sábado na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. Organizan o Concello e a Irmandade da Música Galega.

Contarase coa presenza do compositor galego Juan Durán acompañado de Maragarita Viso, intérprete, compositoria e musicóloga galega. Proxectarase o vídeo Em conversa con Juan Durán.

O repertorio inclúe catro Fantasias sobre melodias galegas, e tres Peças sobre temas populares galegos, todas obras compostas por Juan Durán.

Mireya Dieste

Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor rianxeiro Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira. Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático. Mireya foi unha intérprete moi destacada de piano. Render homenaxe ás súas importantes contribucións e ao seu legado é un dos grandes obxectivos do memorial rianxeiro que leva o seu nome e que chega, como dixemos, á súa quinta edición.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.