O Nadal comeza en Boiro co prendido das luces (o vindeiro martes) e o campamento de conciliación para a rapazada

28 Novembro 2023

O Concello de Boiro arranca o inicio do Nadal co tradicional acendido de luces, que está previsto para o vindeiro martes 5 de decembro de 2023. Nesta semana abre tamén o prazo de preinscrición do Campamento de Conciliación de Nadal. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, falaron máis polo miúdo das actividades.

O día 5 de decembro comezarán de maneira oficial as actividades do Nadal cun espectáculo itinerante de rúa a partir das 18.00 horas. Ás 19.00 horas a praza de Galicia acollerá a cerimonia do prendido na compaña de Asociación ASANOG e ao remate haberá peche musical coa Escola de Música de Boiro e Déborah Silva. “O acendido das luces é un día máxico para pequenos e maiores porque marca o inicio das actividades de Nadal. Este ano facémolo nun día laborábel para fomentar as compras e o comercio local”, recoñeceu o alcalde.

Entre as actividades do Nadal para este 2023 está tamén o Campamento de Conciliación que se vai celebrar entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro para nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 12 anos. “Coas vacacións moitas familias teñen dificultades para conciliar a vida laboral e familiar, por iso sempre facemos esta proposta durante o tempo de lecer e posibilitar que os nenos e nenas conten cunha alternativa lúdica”, afirmou a concelleira, María Outeiral.

As preinscricións para o campamento abren este mércores día 29 e poderanse facer ata o 11 de decembro mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información sobre o campamento e as solicitudes está dispoñibel na Casa da Cultura de Boiro ou na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.