O Museo do Gravado (Artes) inaugura o 16 de novembro unha mostra colectiva de homenaxe a Picasso

10 Novembro 2023

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) acolle o vindeiro 16 de novembro a inauguración da mostra Homenaxe a Picaso. O linogravado dixital. Será ás 20.00 h na sala 0 do Museo do Gravado. A mostra ficará visíbel entre o 16 de novembro e o 16 de febreiro de 2024.

Segundo informa a dirección do Museo, esta Homenaxe a Picasso reúne as obras dos 52 artistas participantes nos 5 obradoiros de linogravado realizados entre os anos 2022 e 2023 no Museo do Gravado. Os obradoiros foron impartidos polos profesores José Fuentes Esteve, Antonio Navarro e Isabel Carralero, da Universidade de Salamanca. Aprendéronse ao alumnado as técnicas de linogravado que Pablo Picasso tiña realizado para facer as súas obras con esta disciplina, ademais doutras técnicas innovadoras impartidas no obradoiro.

Neste evento, presentarase o libro-catálogo O Linogravado dixital. Homenaxe a Pablo Picasso que inclúe unha publicación inédita titulada O gravado en relevo en Galicia. A linoleografía, de J. Daniel Buján Núñez, que amosa con exemplos de linogravados a historia desta técnica en Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...