Este sábado 18 de novembro vaise celebrar o tradicional magosto da Comisión de Festas da Boliña. Será a partir das 18.00 horas no Campo de Revela, na Boliña (Boiro). A festa do outono vén da man da dita comisión (en colaboración co Concello) e inclúe castañas, viño e, na vertente musical, a actuación de A Dorniña de Abanqueiro. Esta actividade estaba programada para o pasado 11 de novembro pero finalmente adiouse por mor do mal tempo da pasada fin de semana. Por certo que o programa do magosto da Boliña tamén inclúe o sorteo de tres lotes de produtos de Nadal.
