“O Corno”, o novo gran éxito do cinema galego, chega a Boiro cunha proxección este domingo 19 de novembro na Casa da Cultura

18 Novembro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle este domingo 19 de novembro ás 19.00 horas a proxección do filme O Corno, unha película escrita e dirixida po Jaione Camborda premiada en San Sebastián como mellor película e rodada en galego e en portugués. As entradas están dispoñíbeis online dende este luns 6 de novembro.

O filme está ambientado na Illa de Arousa nos anos 70 e ten como protagonista a unha mariscadora que axuda a outras mulleres durante o parto. Logo dun suceso inesperado vese na obriga a fuxir e emprender unha perigosa viaxe na busca da súa liberdade e cruzar a fronteira por unha das rutas do contrabando entre Galicia e Portugal.

A proxección do filme chega a Boiro mediante o departamento de Normalización Lingüística da man do programa Cine Indoor do proxecto Cine na rúa e que ten como finalidade difundir o cinema feito en Galicia. Despois da proxección do filme haberá un coloquio coa directora sobre a película.

As entradas están xa dispoñíbeis a través da web de cinenarua.com ou na billeteira dende unha hora antes da proxección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.