O Concello de Santiago recibe a visita de David Chipperfield

08 Novembro 2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios representantes da Corporación municipal recibiron na mañá deste mércores 8 de novembro ao arquitecto inglés afincado en Corrubedo (Ribeira), David Alan Chipperfield, Premio ConCiencia e Premio Pritzker 2023.

Tras ser recibido pola rexedora e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, o arquitecto asinou no Libro de Honra do Concello, en presenza de varias representantes dos grupos municipais.

O arquitecto británico David Chipperfield, gañador do Premio Pritzker de Arquitectura 2023, visita Compostela no marco do programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Chipperfield manterá este mércores pola tarde no CGAC un encontro aberto coa cidadanía que contará coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.