O Concello de Outes reclama á Xunta o mantemento a tempo completo do servizo de pediatría

30 Novembro 2023
Centro de Saúde de Outes nunha imaxe de Canal Rías Baixas

O Goberno municipal de Outes compartiu un comunicado no que reflicte a súa preocupación polo mantemento do servizo de pediatría no Centro de Saúde, inquietude que derivou nunha petición expresa, enviada á Área Sanitaria de Santiago, para que garanta a continuidade do servizo.

No escrito o Concello amosa a súa “desconformidade” polo recorte no servizo de pediatría imposto pola Xunta de Galicia no Centro de Saúde: “Até o de agora”, explica o Goberno local, “Outes contaba cunha praza de pediatría en exclusiva, para atender aos máis de 500 menores de 16 anos que residen no municipio; porén, na última oferta de prazas, o SERGAS decidiu eliminar esa praza e ofertar unha compartida con Noia”. Desa maneira, engade o Executivo, a profesional que finalmente accedeu á praza, atende de 8.30 h a 11.30 h en Outes e logo desprázase ao Centro de Saúde noiés.

A petición ten o seu precedente directo na reunión mantida o martes pasado cos responsábeis do SERGAS e con facultativos do centro, na que participou o alcalde Manolo González, quen manifestou o “desacordo do Goberno municipal por esta circunstancia que obriga ás familias de Outes a desprazarse a Noia a partir desa hora”. E indicou: “Os problemas que poidan existir en Noia non poden solventarse a custa da calidade do servizo dos cidadáns de Outes”.

Dende o Goberno municipal consideran que o Centro de Saúde de Outes “leva anos sufrindo múltiples incidencias, tanto referidas a falta de substitutos dos profesionais e en particular no servizo de pediatría, o que resulta nun prexuízo continuo para as familias e para os profesionais do propio centro, que se ven na obriga de suplir as carencias existentes”. Por ese motivo, pediu aos responsábeis do SERGAS que “recapaciten e corrixan a decisión tomada o antes posíbel, evitando xerar máis malestar entre a cidadanía de Outes”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.