O Concello de Boiro renova as vías de acceso ao núcleo de Cariño e a súa conexión coa igrexa e cemiterio do Castro

16 Novembro 2023


O Concello de Boiro executa as obras para a mellora dun camiño rural que une o núcleo de Cariño coa igrexa e cemiterio do Castro, en Cabo de Cruz. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron esta mañá o lugar para coñecer o estado de execución das actuacións.

Segundo explicaron, as actuacións que se pretenden levar a cabo buscan “mellorar o acceso en dous tramos distintos”. Un dos treitos que se está a executar é o que percorre o núcleo de Cariño, en Cabo de Cruz, e que se atopa entre edificacións no que se está a realizar a renovación do pavimento asfáltico que se atopa moi deteriorado, mantendo a sección existente que varía entre os 4,40 e os 6 metros, e incorporar a sinalización para mellorar a seguridade viaria.

O outro dos tramos da obra que se está a executar é o que vai dende o núcleo de Cariño á igrexa e o cemiterio do Castro. Neste treito a obra que se está a acometer pretende a ampliación do ancho da sección dos 5 metros actuais ata os 8 para incorporar unha rede de recollida de pluviais. A actuación competa pretende a rehabilitación superficial cunha capa de rodaxe asfáltica e aumentar a sección da vía a executar a rede de pluviais, incorporando sinalización vertical e horizontal para aumentar a seguridade viaria.

As actuacións están enmarcadas nas axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), correspondente ao Plan de mellora de camiños municipais que teñen como finalidade mellorar a accesibilidade e interralación entre os núcleos do rural. “Estas actuacións axudan a contribuír á vertebración do territorio é á conexión entre núcleos”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.