O Concello de Boiro celebrará o 25N con propostas para concienciar en todos os grupos de idade

15 Novembro 2023

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Política Social, programa actividades para conmemorar o 25N, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. O concelleiro, Raúl Treus, presentou este mércores 15 de novembro o programa de actividades xunto coa avogada do CIM (Centro de Información á Muller), Mari Pozas.

Segundo lembraron, “dende a área de Igualdade do Concello de Boiro traballase con programas específicos sobre igualdade durante todo o ano, como é o ciclo Muller e Saúde, que se está a desenvolver nestes meses e que recolle activades e propostas como obradoiros e charlas informativas sobre temáticas diversas”.

Respecto do programa concreto para este 25N, o vindeiro sábado 25, precisamente, están programadas varias actividades en diferentes localizacións e con formato diverso. Ás 11.00 horas terá lugar no Centro Social de Boiro, para público infantil e familiar, o contacontos Contos pola Igualdade de Raquel Queizás; ás 12.00 horas proxectarase a curtametraxe de Lois Patiño Lavadoiros na que participan 11 mulleres anónimas da zona do Barbanza e que trata sobre a dignificación da muller galega a través dos lavadoiros.

Ás 13.00 horas procederase á lectura do manifesto institucional que este ano pon o foco na violencia machista en contextos nocturnos e pola tarde, a partir das 19.00 horas, a charanga Bicoia integrada por mulleres músicas percorrerá as rúas de Boiro. “No Concello de Boiro traballamos a igualdade de xeito transversal, durante todo o ano e en todos os departamento, pero neste mes facemos fincapé nas actividades que axuden a dar visibilidade e concienciar para a erradicación da violencia de xénero”, afirmou o concelleiro de Política Social.

Ademais deste programa de actividades específico, están previstas outras propostas durante o mes como a exposición de rúa nomeada Visibilizando a violencia de xénero que ten como finalidade convidar á reflexión sobre os comportamentos e formas de violencia machista vixentes na sociedade.

Ademais, o Concello de Boiro participa tamén un ano máis na campaña DeFronte da Deputación da Coruña coa que se levan a cabo obradoiros e actividades e tamén a campaña AgresiónOFF coa que se reparte material divulgativo, ambas as dúas co obxectivo de achegar á sociedade a problemática da violencia de xénero.

Outros artigos

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...