
O Concello de Boiro vén de adherirse á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e economía social, unha incorporación que forma parte das accións que o Goberno local leva a cabo para promover a creación de emprego e a inserción laboral no municipio.
O Concello explica que a Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social, e que con ela procurase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
O Concello de Boiro, á vista das actuacións realizadas para o fomento e creación de emprego, do seu impacto positivo e da necesidade de incrementar a súa divulgación para que o traballo realizado chegue a un maior número de persoas, formará parte agora desta rede.
Dende o Consistorio tamén recordan o importante traballo despregado estes últimos anos pola área de Emprego en materia de ocupabilidade, acompañando ás persoas demandantes de emprego na inserción laboral e promovendo programas e cursos de formación específicos destinados a mellorar as posibilidades de acadar un posto de traballo.
Cada ano fórmanse no Centro de Formación e Viveiro de Empresas máis de 300 persoas participantes nas distintas accións que desenvolve o Concello de Boiro como son o Programa Integrado de Emprego, Obradoiro de Emprego, Accións Formativas para Desempregados…



