O Concello da Pobra presenta a cuarta edición do seu Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas

22 Novembro 2023

O IV Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas volverá premiar un ano máis as vivendas mellor decoradas na Pobra do Caramiñal. Trátase dunha acción máis no seo da campaña Consigue Caramiñas, Comparte Nadal, que impulsa a Concellaría da Promoción Económica para, nas palabras da edil, Amparo Cerecedo, “dinamizar a vida social e económica do noso concello”.

Xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, explicou que esta edición presenta algúns cambios con relación ás anteriores. Este certame repartirá 2.100 euros no total: un primeiro premio de 600 euros e cinco segundos de 300 euros (un por cada parroquia: Santa María a Antiga do Caramiñal, Santiago do Deán, Santo Isidro de Posmarcos, Santa Cruz de Lesón e Santa María do Xobre).

Estas distincións serán no formato dun vale/caramiñas para trocar nos máis de corenta establecementos comerciais e de servizos repartidos por todo o municipio adheridos a esta iniciativa, polo cal contarán cun distintivo nun lugar visíbel.

No que respecta ós prazos, disponse ata o día 2 de decembro para formalizar as inscricións pola vía electrónica en promocioneconomicapobra@gmail.com ou telefónica no 981843280, marcando a extensión 2035. Deberase indicar o nome e o documento de identidade da persoa participante, o enderezo e a parroquia do balcón, xanela ou fachada e un teléfono de contacto. Logo de formalizada a matrícula e engalanadas as vivendas, remitirase polo referido correo electrónico un mínimo de dúas fotografías.

O período para a ornamentación remata no 6 de decembro. A decoración deberá permanecer ata o día 6 de xaneiro, ámbalas datas incluídas.

O ditame do xurado darase a coñecer no 11 de decembro e as persoas agraciadas dispoñen ata o día 24 para entregar as caramiñas. As bases completas pódense consultar na web municipal www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.