O BNG de Dodro insta ao Goberno local a contratar o SAF Dependencia

14 Novembro 2023

No pasado pleno ordinario o BNG expresou novamente a súa preocupación polas persoas dependentes do termo municipal e as medidas que se poden tomar para mellorar a súa atención. O grupo rogou ao alcalde pola contratación que deixara preparada o anterior concelleiro de Servizos Sociais, Xoán Bautista Mariño.

Segundo sinalou a agrupación, a responsabilidade do BNG en Servizos Sociais no mandato pasado “puxo de manifesto a desidia do PP ao non prorrogar á empresa que atende a persoas dependentes ou facer unha nova contratación”.

O ex concelleiro Xoán Bautista Mariño sinala que deixou “todas as vías para a mellor xestión ou incluso a municipalización do servizo, e rematar coa situación irregular herdada do PP, que non renovou o contrato en prazo”. Entre outros datos, que deu no pleno, indicou que o servizo de SAF Dependencia do que se desentende a Xunta “é un servizo impropio dos concellos, pero que atenden con moito esforzo municipal toda Galiza”, e ademais “só se beneficia dunha achega de 12 €/hora por parte da Xunta, o resto póñeno usuarias e concello”. Ademais, criticou que “a xestión municipal implica máis cartos e persoal para atender os 365 días do ano ás persoas dependentes” e tamén “o alto custe do servizo, polo exposto anteriormente, cun orzamento municipal que non aumenta”.

Con todos estes argumentos o BNG concluíu que “anque lle gustaría que o servizo fora 100% municipal, non era posíbel nestes momentos”.

Xoán Bautista Mariño recordou que “foi o BNG, con responsabilidades de goberno en Servizos Sociais no mandato pasado, quen tivo que contactar, falar e prorrogar o servizo da empresa de SAF Dependencia”. Mentres, engadiu, “houbo que incrementar a asistencia a dependentes chegando ata 2.305 horas/mes en Dodro cunha poboación moi envellecida”. Pasada a pandemia o concelleiro responsábel encargou “con melloras, o prego de contratación, que non fixera o PP, nun tempo récord por persoal técnico de S.S”. Sinalou tamén que o documento rematado foi entregado ó responsábel de contratación Xabier Castro hai agora un ano.

Polo tanto o BNG pregunta ao equipo de Goberno “por que mantén paralizado o alcalde actual o contrato de SAF Dependencia un ano despois”.

Outros artigos

Nebra celebra este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido

A parroquia de Nebra (Porto do Son) vai celebrar este sábado 7 de marzo a súa Festa do Cocido. Será a partir das 14.30 horas no Local Veciñal de Nebra. Os prezos serán de 35 adultos para persoas adultos e de 15 para nenos e nenos (até 12 anos). Pódense conseguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.