O alcalde de Boiro e a deputada de Obras avalían a posta en marcha de proxectos comúns que melloren as vías provinciais

30 Novembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, mantiveron unha xuntanza coa deputada de Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez, para a posta en común de proxectos en estradas de titularidade provincial. Un dos temas tratados na xuntanza foi a futura mellora da vía de Saltiño a Berres que une dúas estradas de titularidade provincial e que conta co compromiso da Deputación da Coruña para a súa execución. Trátase dunha estrada de 950 metros de lonxitude que vai mellorar as conexións entre Cabo de Cruz e Abanqueiro e desviar o tráfico pesado do núcleo urbano.

“Neste momento estamos a realizar os tramites previos precisos en canto á obtención das distintas autorizacións para a realización do proxecto”, afirmou o alcalde. A variante consiste na creación dunha plataforma con dous carrís de 3,5 metros, carril bici e sendas peonís a ambos marxes da estrada.

Na xuntanza revisáronse tamén os puntos máis conflitivos das vías provinciais co obxectivo de traballar en actuacións que melloren a seguridade viaria; así como a revisión do estado do pavimento en vías provinciais para incluír no Plan de Conservación de Vías que a Deputación da Coruña leva a cabo cada ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.