José Carlos Vidal e Patricia Lojo visitan as obras de ampliación que a empresa DS Smith ten na Pobra

24 Novembro 2023

Foi onte, xoves 23 de novembro, cando o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e Patricia Lojo, concelleira de Relacións Institucionais, visitaban as obras de ampliación da planta de produción que DS Smith, compañía referente en packaging sustentábel, ten na localidade do Barbanza.

As obras de DS Smith Cartogal, cuxa finalización está prevista para mediados de 2024, supuxeron un investimento de 11,35 millóns de euros que permitirá aumentar tanto a superficie da fábrica como a súa capacidade produtiva e de almacenamento, amais de xerar novas oportunidades de negocio no mercado galego e en toda a zona noroeste da Península.

Engadir que, con esta ampliación, a superficie industrial de DS Smith Cartogal estenderase até os 17.000 metros cadrados, achegando 6.000 metros cadrados á súa capacidade actual de 11.000. Este crecemento non só fortalecerá a capacidade de produción da compañía, senón que proporcionará un dobre beneficio aos seus clientes: por unha banda, unha resposta máis efectiva ás súas demandas; e, doutra banda, unha mellora das súas operacións.

A construción das novas instalacións alíñase coa estratexia de sustentabilidade da compañía Now and Next. Os novos equipamentos, desenvolvidos con materiais respectuosos co medio ambiente e equipados con sistemas de eficiencia enerxética, reflicten o compromiso de DS Smith coa innovación e a sustentabilidade. Así, o proxecto de ampliación non só pretende reducir o impacto ambiental na actualidade, senón que tamén apoia a transición cara a unha economía circular, impulsando a responsabilidade social da empresa cara a sociedade e o medio ambiente.

O investimento neste proxecto estratéxico reflicte o firme compromiso de DS Smith coa súa expansión e desenvolvemento en Galicia. Amais da instalación de Cartogal, DS Smith opera outras dúas factorías na comunidade: a fábrica DS Smith Galicia en Vilagarcía de Arousa e DS Smith Tecnicartón Vigo, situada na localidade de Porriño. Esta ampla presenza subliña a importancia estratéxica de Galicia na rede de operacións de DS Smith, empresa con sede en Londres, e salienta o seu compromiso continuo coa rexión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.