Na Pobra detidas cinco persoas por roubos en coches, vivendas e locais hostaleiros

22 Novembro 2023

Segundo informa a Garda Civil foron arrestados cinco individuos por unha serie de roubos en coches, vivendas e establecementos da Pobra do Caramiñal.

Estes actos ocorreron entre setembro e novembro deste ano, xeraron gran preocupación no municipio. Con todo, a Garda Civil logrou identificar os sospeitosos e arrestalos. Aos cinco detidos, todos homes e residentes da Pobra do Caramiñal, impútanselles un total de 25 roubos con forza en vivendas, bares, restaurantes, coches e unha embarcación de pesca, todos situados nesta localidade.

O valor dos obxectos roubados supera os 9.000 euros e inclúe diñeiro en efectivo, bebidas alcohólicas, ferramentas e artigos de seguridade marítima dunha embarcación. Durante a investigación, levou a cabo un rexistro nun piso no centro da Pobra do Caramiñal, onde vivían os detidos, e recuperáronse varios obxectos roubados. Os arrestados foron postos ao dispor xudicial.

Garda Civil

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.