“Menos dun mes para que a frota pesqueira da UE acorde a eliminación cos combustibles fósiles”. Antón Luaces

28 Novembro 2023

A Conferencia de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COB28) a celebrar en Dubai do 30 de novembro ao 12 de decembro vai tratar de facer un balanzo global dos avances na implementación do Acordo de París. Neste senso, o Parlamento Europeo entende que este encontro vai celebrarse nun momento clave para impulsar a ambición colectiva en materia de acción en apoio climático”.

Como medida clave, a resolución -adoptada polo Pleno do Parlamento Europeo con 462 votos a favor, 134 en contra e 30 abstencións- pide que se poña fin a todos os subsidios directos e indirectos aos combustibles fósiles a nivel nacional, da UE e global, “o antes posible e a máis tardar en 2025”.

 Os eurodeputados tamén apoian un obxectivo global para triplicar a enerxía renovable e duplicar a eficiencia enerxética para 2030, xunto cunha eliminación gradual tanxible dos combustibles fósiles “o antes posible”.   O texto pide a todos os países  que fortalezan os seus compromisos climáticos e contribúan coa súa parte xusta para aumentar o financiamento climático internacional.   

Conservar e restaurar a biodiversidade e reducir significativamente o impacto climático e as emisións do metano en sectores como o transporte marítimo e a aviación internacional, a agricultura e a defensa.     

Esta formulación comunitaria que se está a “cocer” no seo da soberanía da Unión Europea vai facer que se modifiquen moitos aspectos da normativa que rexe o actual funcionamento  comunitario. Un deles, e moi importante, pode significar unha redución definitiva da frota pesqueira europea. E non é outra que a eliminación das axudas que os Estados membros -caso de España-  outorgan ao sector pesqueiro no marco do cambio climático para facer máis asequible a subministración de combustible. Este, actualmente, eleva de xeito máis que notable a falta se rendibilidade da pesca. Porque é o prezo de cada consumo que se fai o gasto de explotación máis importante a bordo que, a máis, non se pode repecutir nos prezos do peixe porque, pola subhasta á baixa é o comprador das capturas -a cotío o mediador- o que estipula ou marca ese prezo que será base para o que o consumidor pague por el.

Máis ainda cando países non comunitarios que sí reciben subvencións para o consumo de combustibles, utilizan as vías abertas na UE para distribuir aquí as súas capturas sen que estas teñan gravame compensatorio para as embarcacións de pesca españolas. 

Vai ser  a de Nacións Unidas Conferencia de sumo interese  para o sector pesqueiro, especialmente o galego.    

Outros artigos

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

+

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Rosmando”. Xulio Xiz

Rosmando”. Xulio Xiz

Sorprendeu Democracia Orensana neste 18F entrando no Parlamento de Galicia por unha porta pequena cun resultado grande. Sorprendeume ver por Televisión a Jácome - do que a pesar de dedicarse á televisión local polo que tiña que caerme simpático, pode máis en...

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Creer en los políticos”- José Manuel Pena

“Con lo que cuesta la compra de un tanque, para la guerra, podrían comer unas 30.000 personas”. “900 euros es lo que cuesta insertar a una persona para el mundo laboral”. “Hace mucho tiempo que ya es difícil creer en la mayoría de los políticos, no es de recibo que se...