Mar presenta en Vilanova os avances autonómicos para a xestión sustentábel da mexilla

29 Novembro 2023

O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón, en Vilanova de Arousa, acolleu este mércores 29 de novembro a xornada de divulgación dos traballos realizados dentro do proxecto Apromex (Análise da poboación de semente de mexillón e avaliación de novos sistemas para a súa captación do medio natural e para a súa produción en criadeiro). Esta iniciativa, que ven a estreitar o contacto entre o mundo científico e os produtores, forma parte dun plan para prover de información e formación ao sector mexilloeiro que desde o departamento se pretende levar adiante durante 2024. Na presentación participou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares,

O titular de Mar apostou por poñer en valor o traballo que se desenvolve nas universidades galegas, no Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e nos centros de investigación ligados á Consellería: o Cetmar, o INTECMAR e o anfitrión da xornada, o CIMA, para impulsar ao futuro do sector marítimo-pesqueiro. Resaltou ademais “a calidade dos recursos mariños de Galicia, dos profesionais do mar e dunhas institucións científicas que son unha referencia en toda Europa, polo que resulta fundamental o traballo en común que están a realizar”.

Segundo Alfonso Villares, “a alta variabilidade natural do mexillón e a súa importancia socioeconómica avalaron a demanda de levar a cabo un estudo en profundidade da súa dinámica, das posibilidades de aproveitamento, do impacto ecolóxico, e da procura de alternativas para abastecer ao sector co obxectivo de facelo máis resiliente”. A miticultura, argumentou, “sitúase na cúspide da acuicultura galega, española e europea, e desempeña un papel crucial na economía da comunidade”.

Neste contexto, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, a través do CIMA e co apoio técnico do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, lanzou Apromex en 2022, cofinanciado pola UE a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Esta iniciativa abordou tres grandes retos no último ano: a análise da poboación da mexilla no litoral rochoso, a avaliación de novos sistemas para a súa captación no medio natural e a produción de mexilla en criadeiro.

No que atinxe ao primeiro punto, estableceuse un plan de mostraxe nas rochas da costa galega para localizar áreas de especial interese para a extracción de mexilla, visitando máis de 600 e recollendo imaxes e mostras do recurso para a súa posterior análise no laboratorio. Os traballos realizáronse coa axuda dunha aplicación móbil que permitiu recoller de forma sistemática toda a información a través do teléfono móbil, con datos sobre a localización, exposición da zona, porcentaxe de cobertura de mexilla e presencia de outras especies.

A información gárdase directamente nunha base de datos na nube (en liña), o que facilita a súa consulta en tempo real durante a propia toma de mostras e a análise dos datos históricos.

“Este primeiro estudo permitirá a selección dos puntos de maior interese e un seguimento temporal da súa evolución nos próximos anos”, explicou o conselleiro, engadido que tamén foi completado o deseño e instalación dun sistema de captación no medio natural tipo long-line coa finalidade de buscar alternativas á captación de semente da rocha. A infraestrutura está plenamente operativa na ría de Muros-Noia, e agárdase que comece a funcionar xa este mes de decembro e será o soporte a distintas probas e experiencias sobre a captación de semente no medio natural ao longo do próximo programa operativo do FEMPA. Contará con sistema de balizamento propio e terá seis liñas de cultivo que permitirán soportar ata 4.000 quilogramos de mexilla, deixando espazo entre elas para a navegación.

O terceiro piar de Apromex é o desenvolvemento dun sistema de produción de semente en condicións controladas de criadeiro que permita usalo “sen modificar o modus operandi habitual do sector”. Trabállase nas diferentes fases das que se compón a produción de mexilla en criadeiro para facelo máis eficiente e sustentábel desde o punto de vista técnico, económico e medioambiental, de xeito que estas melloras podan ser incorporadas en instalacións do propio sector produtivo. Na xornada déronse a coñecer ao sector miticultor os avances nun proceso que permitiu levar xa dos criadeiros ás bateas de máis de 11 millóns de unidades de semente de mexillón cultivadas polo CIMA.

Outros artigos

Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica

Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...

+

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...