“Madurez” – José Manuel Pena

07 Novembro 2023

Din que a mocidade é un divino tesouro, pois a madurez non está nada mal, coa saúde necesaria evidentemente. É unha etapa vital moi interesante, na que repasas todo o vivido e pensas no que te queda por diante. Dáste conta da velocidade supersónica do tempo, da súa importancia e do valor que posúe, a pesar de que non lle damos a importancia que se merece.

Caemos nos mesmos erros. A pesar da madurez e da presumíbel experiencia, tropezamos na mesma pedra. En ocasións, somos como nenos pequenos e non aceptamos os fracasos ou as frustracións. Queremos que todo nos saia sempre como desexamos, sen pensar que tamén hai outras persoas e seres vivos que pensan no mesmo.

“Por que me sucede a min”, é unha expresión moi habitual entre algúns escépticos e agnósticos, que pensan en que o malo lles acontece aos demais e eles están libres de todo o negativo. Para iso falan, case sempre, do karma sen ser conscientes de que somos nós mesmos os que incorremos en erros e os que lles provocamos situacións de tensión ou ansiedades aos que nos rodean polos nosos propios actos.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.