José Ramón Romero e Cristina Capelán reivindican a importancia do sector do mar en Boiro

21 Novembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou á deputada provincial de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, na súa visita a Boiro, na mañá deste martes 21 de novembro, para reunirse con algunhas das entidades do sector do mar no municipio. A deputada visitou a Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz, ASMECRUZ e a Cooperativa Ría de Arousa.

A visita encadrouse no programa de encontros que a deputada está a manter con representantes dos sectores do mar nos distintos concellos da provincia para coñecer de primeira man as demandas e necesidades. “O sector está a pasar un mal momento e todas as institucións nos debemos involucrar porque é un dos motores económicos do noso país”, recoñeceu Cristina Capelán.

Segundo lembrou Capelán, a Deputación da Coruña conta cunha liña de subvencións de 500.000 euros para financiar gastos do funcionamento diario das confrarías. “Con esta rolda de visitas estamos detectando as principais necesidades do sector do mar e poder mellorar as liñas de axuda que temos abertas”, afirmou a deputada.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu á deputada a súa visita a Boiro para coñecer a realidade dun sector que, comentou, “é moi importante para o noso concello xa que del deriva boa parte da nosa economía”.

As distintas entidades trasladaron ao alcalde e á deputada as súas principais demandas e desafíos, como é o relevo xeracional e a falta de persoal cualificado así como dar a coñecer e difundir o seu traballo. “Dende o Concello de Boiro trasladamos xa a necesidade de contar na comarca con formación específica acorde cos sectores produtivos da zona e obter de man de obra cualificada para un sector que precisa de relevo xeracional”, recoñeceu José Ramón Romero.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...