Investigadores do CSIC constatan nun informe o grave impacto da mina de San Finx

10 Novembro 2023

Un equipo de investigadores do Museo Nacional de Ciencias Naturais e do Real Xardín Botánico, institucións afiliadas ao Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), vén de emitir un informe no que se expoñen “fóra de toda dúbida” os impactos que están causando as verteduras da mina de San Finx (Lousame) no ecosistema fluvial e que podería chegar a afectar á ría de Muros e Noia.

Segundo reflicte a plataforma anti-vertidos da ría, o equipo científico coordinado por Santos Cirujano, especialista en xestión de zonas húmidas, elaborou un amplo estudo que incluíu análises físico-químicas e análises biolóxicas en varios puntos ao longo do curso fluvial, monitorizando os niveis de metais pesados tanto na propia auga como en larvas de lamprea e musgos que se encontran no río.

O estudo, encomendado pola Confraría de Noia, confirmou “que os niveis de metais pesados aumentan exponencialmente logo do punto de vertido, facendo que a auga sexa tóxica para os organismos acuáticos”. E engade: “Para o caso das larvas de lamprea, a acumulación de algúns metais supera centos de veces os máximos que impón a Unión Europea, mentres que ao analizar os musgos, os niveis de cadmio son 500% máis elevados dos presentes en ríos galegos non contaminados”.

A plataforma lembra que “os danos que causan os niveis de vertidos actuais da mina, xunto co incumprimento do condicionado da autorización de vertidos outorgada a Tungsten San Finx o pasado mes de febreiro”, fixo que tanto confrarías como colectivos ecoloxistas se dirixiran a Augas de Galicia para que revocase de inmediato a autorización de vertidos e impuxera á empresa mineira a obriga de selar as labores mineiras para impedir que a mina continúe contaminando.

O informe tamén foi enviado ao Xulgado de Noia, que instrúe a causa aberta contra a empresa mineira e os seus administradores por presuntos delitos contra o medio ambiente e os recursos naturais. As confrarías de Noia e Portosín, persoadas nas actuacións xunto con colectivos ecoloxistas, demandan “a imputación dos novos administradores da empresa así como director facultativo, logo de que os anteriores propietarios australianos se desfixesen da mina o pasado verán”.

Segundo recordan a día de hoxe a mina está controlada por “unha empresa pantasma de tan só 3.000 euros de capital, vinculada a proxectos do empresario venezolano Serafino Iacono”. Este, sinalan, “deixou atrás varios proxectos polémicos de ouro, gas e petróleo en Colombia, onde foron acusados de fraude, prevaricación e violacións de dereitos humanos dan man de paramilitares e narcotraficantes”. Desde os colectivos integrados na plataforma comarcal contra os vertidos advirten que “non tolerarán a implantación deste grupo empresarial e que iniciarán novas accións xudiciais nas vindeiras semanas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.