Este sábado 25 de novembro temos en Portosín, de 10.30 a 17.30 horas, unha nova cita de iniciación á competición deportivo-veleira grazas á vinte edición da Regata do Real Club Náutico Portosín, unha proba aberta novamente a todas as novas promesas da navegación nas categorías Optimist, 420 e ILCA. A cita forma parte forma parte da formación da Escola de Vela Portosín Team. No seu transcurso aprenderanse aos participantes aspectos tácticos e técnicos así como regulamento básico de preferencias, nocións de comportamento deportivo e comunicación con bandeiras e bucinas.




