Este sábado 25 de novembro volve a Boiro o Mercado Eco-Lóxico

24 Novembro 2023

Este sábado 25 de novembro temos unha nova cita cos produtos sustentábeis da nosa comarca no Mercado Eco-Lóxico de Boiro, a partir das 10.00 horas na praza da Terceira Idade (até as 14.00 horas), a carón do Centro Social. Trátase, como lembraremos, dun mercado de produtos de proximidade e saudábeis organizado polo Foro Ecolóxico de Boiro que se celebra os segundos e cuartos sábados de mes.

Nos postos participantes poden atoparse produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

O Mercado Eco-lóxico de Boiro desenvólvese co obxectivo de “potenciar o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade co obxectivo de establecer sinerxías entre este sector e os demais establecementos de hostalaría e comercio do municipio”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.