Este domingo celébrase a XVIII Carreira Mar de Boiro (16º Memorial Pepe Buceta)

27 Novembro 2023

O vindeiro domingo 3 de decembro vaise celebrar a XVIII edición da Carreira Popular Mar de Boiro, o 16 Memorial Pepe Buceta. A saída será da praza de Galicia ás 10.40 horas.

Organiza o Concello de Boiro, a través da Concellería de Deportes.

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VI Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do IX Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña. 

Consta de tres categorías distintas: 

Mini e Supermini – 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 

Escolares – 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 

Carreira longa – 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 

Inscricións abertas ata o xoves 1 de decembro ás 23.59 horas na web de Emesports.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.