
Os contínuos vendavais fan lembrar que quen mexa contra o vento, molla os calzóns.
E así, os técnicos ou empresarios interesados na espansión dos parques eólicos mariños e terrestres lanzan estes días proclamas en defensa deste sistema de aproveitamento enerxético contra o que ninguén estaría de non ser polos efectos nocivos que os mesmos teñen en eidos tan específicos como necesarios son: a pesca, a gandaría non estabulada, a agricultura ou mesmo algúns aspectos da ecoloxía.
Básicamente todos recoñecemos os beneficios da enerxía eólica. Máis isto non é obstáculo para tamén admitir que o seu funcionamento conleva danos dos que, ata o de agora, non se liberan sectores básicos da produción indispensables para a vida diaria e que teñen que ver indisolublemente coa vida cotián.
No mar hai preocupación, fonda preocupación. De norte a sur da península Ibérica, os pescadores amosan no seu día a día a preoupación que lles afecta, como quedou patente na reunión que esta semana celebrou en Ribadeo a Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico Noroeste, na que os pósitos evidenciaron a súa intranquilidade pola eólica mariña. Esta inquedanza propiciou que se solicitara información sobre a situación dos informes ao Instituto Español de Oceanografía (IEO) por parte da Secretaría Xeral de Pesca, por canto o IEO non pode levar a cabo ningún tipo de informe sen que antes fora solicitado por un organismo público pertinente, cuestión que tamén afecta aos responsábeis autonómicos ou estatais sobre a súa posición neste asunto.
Tamén vai ser asunto importante na orde do día das XXVII Xornadas Técnicas de Difusión de Celeiro (Lugo) a celebrar do 23 ao 25 deste mes de novembro, centrados nos apartados do proceso do sector de pesqueiro cara a transición enerxética e a descarbonización ou nos porqués do rexeitamento do sector pesqueiro ao desenvolvemento da eólica mariña en España, así como a interacción entre a eólica mariña, a biodiversidade e a pesca no Mediterráneo.
Dicir asimesmo que o II Congreso Eólico Mariño de Las Palmas (considerado como o maior encontro do sector eólico) vai reunir a máis de 350 expertos nacionais e internacionais) que analizarán as oportunidades de desenvolvemento da mariña en España, as prioridades para o lanzamento dos primeiros proxectos e os retos que afronta o sector.- Este II Congreso concentra en dous días sesións técnicas, conferencias e espazos de networking para os expertos en eólica mariña.
Os participantes analizarán as oportunidades que ten España neste encintro que se inicia 0 6 de novembro.



