En Ribeira varias zonas do concello permanecerán sen servizo de auga durante a xornada deste mércores por unha incidencia

29 Novembro 2023

O Concello de Ribeira informou este mércores 29 de novembro dunha importante incidencia no termo municipal, concretamente nas contornas de Aguiño, O Vilar, Carreira, A Mámoa, Cubeliños (Santa Uxía), o Polígono de Xarás, Couso, San Alberto (FRINSA) e a A Fieteira, todas elas zonas e núcleos que durante boa parte da xornada de hoxe permanecerán sen servizo de auga. Isto, segundo confirmou o Executivo local, foi debido a unha incidencia por obras dunha empresa externa ao Concello. A media mañá o Goberno local puntualizou que as parroquias de Carreira e Aguiño, as fábricas de Couso e parte do Polígono Industrial de Xarás “quedarán sen auga 8 horas aproximadamente pola rotura dunha tubaxe da liña xeral de abastecemento”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.