En Boiro, o Concello abre o prazo de solicitude para instalar terrazas na vía pública o ano vindeiro

17 Novembro 2023


O Concello de Boiro ten aberto o prazo para a instalación de terrazas de hostalaría na vía pública entre o 1 de novembro e o 15 de decembro. A solicitude debe realizarse mediante a sede electrónica e a documentación e todo a información está dispoñíbel para a súa consulta na web municipal.

Segundo regula a Ordenanza municipal de terrazas na vía publica, a instalación durante todo o ano debe solicitarse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro; as solicitudes específicas para o período estival poden facerse no mesmo prazo ou entre o 1 de marzo e o 15 de abril; e as solicitudes para as datas de Semana Santa, ata 10 doas antes do período solicitado.

O Concello lembra que “as autorizacións teñen unha vixencia anual, polo que a solicitude para a renovación de autorización débese realizar cada ano e non se poderá instalar ningunha terraza que non estea debidamente solicitada”.

Do mesmo xeito, a instalación de terrazas na vía pública está suxeita a unhas normas reguladas na ordenanza municipal. Como norma xeral pecharán ás 00.00 horas agás nas noites do venres, sábado e domingo e vésperas de festivos, así como durante o período estival, que o horario de peche se amplía ata as 02.00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...