Dodro entrega o sábado 9 de decembro o XXXVI Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía

30 Novembro 2023

O vindeiro sábado 9 de decembro o Concello de Dodro fará entrega do XXXVI Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía ao gañador de esta edición, Manuel López Rodríguez pola obra As palabras do sur. O acto incluirá un recital poético e unha actuación musical. O evento rematará cuns petiscos. A cita literaria, un dos grandes acontecementos culturais da tempada na comarca, é as cinco e media da tarde no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

O gañador

Como dixemos, o Premio de Poesía Lorenzo Baleirón, edición XXXVI, irá dar este ano ao poeta noiés Manuel López Rodríguez, coa súa obra As palabras do sur. O galardón foi convocado novamente polo Concello de Dodro. O xurado do certame decidiu, de forma unánime, conceder o galardón ao traballo As palabras do sur pola “consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura”.

Esta edición do premio estivo coordinado pola poeta Elvira Ribeiro e formaron parte do xurado as escritoras Chus Nogueira, Lorena Souto e Brenda Mondelo, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e Ramón Abuín Gómez.

O gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, naceu en Noia e comezou a escribir poesía con dezaseis anos. Foi co-fundador do Colectivo Literario Sacou, da Asociación Cultural Éteatro e da Asociación Audiovisual Paradiso.

Ten publicadas numerosas obras como Antítese nativa en Acha Escrava, Rompe en Urutau Editora, Desde onde non nace e Vangarda ule en Medulia Editorial, Nas pulsacións en Espiral Maior, Para que non me esqueza en Edicións Fervenza, Baixo terra. No ar en Xerais, O cemiterio. A néboa en Edicións Fervenza, A flor da letra (Estampa de lectura con percusión, para nenos e nenas) en Edicións Embora, Neste mesmo intre pola Deputación da Coruña e Cruceiro na Editorial Caldeirón.

Ao longo da súa traxectoria literaria recibiu, entre outros, os seguintes galardóns: XIV Premio de poesía Suso Vaamonde, Premio López Ardeiro de Poesía (2019), II Premio de Poesía Eduardo Pondal, Premio de poesía Concello de Carral (2020), Premio de poesía Avelina Valladares (2021, 2022 e 2023), XXVI Certame de Poesía Francisco Añón e o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía.

A obra galardoada, As palabras do sur de Manuel López Rodríguez será publicada no ano 2024, nunha editorial de recoñecido prestixio.

Manuel López, o poeta de Noia galardoado

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...