“‘Decidín desvelar o proceso’, de Yolanda Díaz Gallego”. Xulio Xiz

30 Novembro 2023

A menos de dous meses de cumprir os 90 anos, a histórica galeguista sarriá Yolanda Díaz Gallego presentouo pasado venres en Sarria Decidín desvelar o proceso, un libro que conten as súas memorias de vida, e que, á súa vez, reflicten a memoria de toda unha xeración de galegos emigrados no Uruguai durante a década dos 50 aos 70 nun tempo no que Díaz Gallego, en palabras do xornalista Xulio Xiz, “foi clave nun momento no que precisabamos compromiso pola terra, e foi ademais unha muller nun mundo de homes”, comezou alegando o editor de Egeria, que quixo enxalzar a figura da sarriá por “loitar entón e difundir agora o gran traballo que houbo durante moitísimos anos fóra de Galicia”.

(Palabras de Xulio Xiz en Sarria, o 24.11.23, na presentación do libro de Yolanda Díaz Gallego):

Levamos moito tempo agardando por este acto, precisamente en Sarria pero con resonancia en toda Galicia, para dar a coñecer as que temos que considerar “Memorias” de Yolanda Díaz Gallego, non completas porque abarcan un aspecto -moi importante, iso si- do seu longo e intenso labor, que reflicten un tempo, unha ilusión, unha ánsia e un labor dos emigrantes galegos en Uruguai, guiados por sentimentos aínda máis poderosos (e máis valiosos) ca a nostalxia, no que unha moza de Sarria, nun mundo eminentemente masculino, foi protagonista de excepción.

Levabamos moito tempo agardando pola publicación e presentación deste libro, por ser Yolanda a única que posuía a información, a memoria, duns feitos ocorridos na emigración rioplatense, non só porque foron desaparecendo moitos dos protagonistas daqueles feitos esenciais, senón porque ela sempre estivo no centro daquelas accións, conserva toda a documentación que acredita a súa veracidade, ten unha vontade de ferro, e posúe unha memoria prodixiosa. Conxugando eses factores, é posible que hoxe presentemos unha auténtica xoia histórica, un libro histórico, para que quede constancia para sempre.

Non vou ser tan ousado como para presentar a Yolanda na súa terra, diante da súa xente, pero si debo facer historia do noso achegamento -do meu fillo Antonio e máis eu- á persoa, á súa historia, ao seu labor.

Moitos soubemos por primeira vez de Yolanda a través do escritor de Paradela, Manuel Rodríguez López, auténtica ponte entre os galegos en Catalunya e os galegos de acó. Daquela (anos setenta, oitenta, noventa…), Yolanda desenvolvía xa en Barcelona unha moi importante actividade na presidencia do activo centro cultural “O Penedo, fogar galego”, que patroneou ao longo de case tres décadas.

Na escrita e de palabra, Manolo tíñanos informados aos amigos da diversa actividade dos Galegos en Catalunya, tendo a Yolanda como exemplo de activista cultural e como muller destacada na vida dos galegos, subliñandoi sempre a súa anterior dedicación ao galeguismo no Uruguai. Por outra parte, Yolanda viña asiduamente a Sarria, e os medios informativos recollían a nova da súa estadía, aproveitando para subliñar a presencia galega en Catalunya, da que ela era protagonista e abandeirada.

Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia desde hai case doce anos, desde o primeiro momento no que falamos de temas que había que abordar porque o país o precisaba, comentou a necesidade de facer algo encol de Yolanda, porque consideraba que era a peza imprescindible para coñecer a historia dun tempo no Uruguai onde os galegos crearon institucións imprescindibles, impulsaron iniciativas, crearon conciencia e axudaron de xeito decisivo, en tempos difíciles para aló e para acó, a realizar actividades en Galicia e a financiar realizacións galeguistas en Galicia.

Yolanda era a clave, a peza precisa para dar a coñecer o que alí aconteceu, que tanto influiu en Galicia, e que tanta forza conseguíu insuflar na comunidade galega de Montevideo.

Yolanda foi peza esencial naquela revolución galega en Uruguai. Era unha rapaza que estudara Peritaxe Mercantil, que desempeñaba o cargo de Secretaria Xeral do Banco de Galicia. E para comprobar o dito de que era unha muller nun mundo de homes, non hai máis que ollar a foto da portada do libro na que figuran os máis destacados responsables desta entidade bancaria, moi poderosa e influínte no Uruguai. E unha sóa muller, ela.

Aquela activista cultural galega participou en diversas entidades, colaborou na creación de outras, relacionouse cos máis destacados dos galegos naquel país, colaborou na publicación da monumental Historia de Galicia de Otero Pedraio, estivo na fundación do Teatro Popular Galego de Montevideo e na do Patronato de Cultura Galega, foi activa participante na histórica emisión “Sempre en Galiza”, e aínda despois, xa en Galicia, colaborou asiduamente en Radio Miramar e na Radio Galega.

E onte recibín un correo de Xosé María Fernández Pazos, benquerido compañeiro da Radio Galega que se alegra da publicación do libro, indicándome que conserva dela “as gravacións das colaboracións que durante moitos programas da radio galega fixo no espazo que el facía sobre a emigración”.

Levabamos pois alomenos dez anos teimando en que o que Yolanda sabía había que difundilo, pero a autora non parecía moi decidida a divulgalo, coidando que non chegara o momento, ou que aquela historia quedaba xa lonxe da Galicia do século XXI.

Pero Valentín é teimudo e, o mesmo que cando nos viamos recalcaba que “había que facer algo co tema de Yolanda”, cada vez que falaba con ela lembráballe -supoño que lle falaría de “deber moral”- da necesidade de divulgar aquela historia que, en definitiva, era a súa propia historia.

E o momento chegou cando a pandemia da Covid nos confinou nas nosas casas, e Yolanda fixo froitoso aquel tempo de reclusión, comezando a redactar anacos daquela historia cunha precisión de cirurxá, memoria prodixiosa e documentación detallada, dos que este libro que presentamos é a conxunción e feliz resultado.

Cando se trata dunhas memorias, normalmente o autor escribe ou da ideas, e outros teñen que encargarse de darlle forma ao que finalmente se ofrece ao público. Neste caso naturalmentre que non foi así, e Antonio e máis eu, que figuramos como “coordinadores”, non fixemos máis ca iso, colaborar, poñer os medios, pero sen intervir para nada na concepción, a redacción ou o estilo.

Minuto a minuto, hora a hora, día a día, Yolanda foi degranando, palabra a palabra, o contido dun libro que acredita que “na galeguidade asentouse o compromiso”, e que a protagonista “decidiu desvelar o proceso” do acontecido dos anos cincuenta aos setenta nunha puxante galeguidade que floreceu no Uruguai.

Só me resta dar as grazas a todos vostedes, por estar hoxe aquí connosco; a Cesar No, Concelleiro de Cultura de Sarria, por acollernos nesta Casa da Cultura; a Sagrario Sánchez Ramil, representante da Xunta de Galicia, entidade que fixo posible a edición do libro; a Valentin García, por confiar en nós o cuidado dunha obra tan especial, imprescindible, na que nos honra participar; a Suevia, filla e José Ramón, xenro de Yolanda, pola colabloración inestimable especialmente con Antonio. Entre José Ramón e Antonio fixeron un labor inestimable que, por non apreciarse exteriormente, é máis digno de ser subliñado.

E grazas finalmente a Yolanda, por todo. Pola súa dedicación, polo traballo, pola disposición, pola confianza… Facendo este libro sabemos que estamos facendo divulgación histórica, estamos facendo historia… E Yolanda, protagonista desa historia, permitunos ser parte dunha testesmuña que, canto máis tempo pase, máis estimada será.

Outros artigos

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

Bienaventurado el que tiene una oportunidad y la aprovecha, es lo que debiópensar Juan Carlos Unzué, ex guardameta de Osasuna, Barça, Tenerife ySevilla, cuando en una jornada organizada en el Congreso de los Diputadossobre la ELA (enfermedad que le diagnosticaron en...

+

“Guardemos las lágrimas” – Manuel Domínguez

Guardemos las lagrima para tiempos que se avecinan, tiempos malos, malos tiempos trágicos. Si Donal Trump se libra, y se libra de los casos de juicio que tiene pendientes, saldrá elegido presidente, lo que quiere decir. En octubre de 2019, la Administración Trump...

+

“Un 28 de febreiro orfo para don Álvaro Cunqueiro”. Antón Luaces

O mércores, 28 de febreiro, van cumprirse 43 anos do pasamento en Vigo do xornalista, escritor e poeta Álvaro Patricio Cunqueiro Mora, un dos máis grandes autores da literatura galega e española do século pasado. Os seus restos fican no vello cimeterio mindoniense...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...