Comeza en Boiro a terceira edición do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns

24 Novembro 2023

O Concello de Boiro desenvolve durante o curso 2023-2024 unha nova edición do Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III – Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Formación e Emprego, Roberto Lojo, visitaron este venres 24 de novembro ao alumnado e profesorado no comezo das aulas.

Segundo explicaron, a formación está dividida en dúas especialidades con 10 alumnos/as en cada unha. Por unha banda, vaise impartir a especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e, por outro, Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

O alumnado participante vaise formar de xeito teórico e tamén práctico con actuación a desenvolver en materia de prevención de incendios forestais nos montes Peón e do Sino, na zona verde dos castros de Neixón. Tamén levarán a cabo tarefas de conservación da zona verde do Pazo de Goiáns, de axardinamento das rotondas de acceso ao Polígono de Espiñeira, de axardinamento e mellora paisaxística do parque da Cachada e de acondicionamento do xardín da praza de Galicia.

O alumnado traballador recibe formación teórica e práctica e conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais, durante os 12 meses que dura o programa e en horario de 7.30 horas a 15.30 horas.

“Debemos diversificar os sectores produtivos e estamos vendo que o sector forestal ten moitísimas potencialidades na nosa comarca e que a formación neste eido serve para favorecer a empregabilidade na zona”, afirmou o alcalde.

O Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns III – Boiro realizase mediante unha subvención de 531.046,20 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comunidade autónoma.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.