Chega a Rianxo “Noite de Reis ou o que queirades”, a cargo da Escola de Teatro de Narón

20 Novembro 2023

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 24 de novembro, ás 21.00 horas, a representación da obra de William Shakespeare Noite de Reis ou o que queirades, en versión teatral do ribeirense Quico Cadaval e contando no elenco actoral coas e cos integrantes da Escola de Teatro de Narón.

A cita está organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada será de balde ata completar capacidade (con retirada de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio, máximo 2 por persoa). Trátase dunha peza para todos públicos de unha hora e media de duración, aproximadamente.

Sinopse

Na costa do reino de Iliria, Viola e Sebastián, irmáns xemelgos, acaban separados tras un naufraxio, crendo na morte un do outro. Viola farase pasar por un paxe de nome Cesario, na corte do Duque Orsino. A partires deste momento, desencadearanse unha serie de enredos, mentiras, identidades falsas e personaxes do máis extravagantes, que darán como resultado unha das comedias máis divertidas do dramaturgo inglés Shakespeare.

A Escola

A Escola de Teatro de Narón cumpre corenta anos e para celebralo prepararon unha nova versión de Noite de Reis tendo como base a adaptación de Quico Cadaval e con Celia González na dirección.

O elenco da peza está formado polo alumnado do Practicum da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón: Alexis Sequeiro, Carmen Caeiro, Elisardo da Cruz, Franki Muíño, José Piñeiro, Luís Pillado, Manuel López, Marcela Ceballos, Saínza Ruíz e Vicky Sas.

O espectáculo foi xa representado en Ribeira e A Pobra.

A Escola de Teatro de Narón comezou a súa andaina no curso 1981/1982, co obxectivo de “impulsar a formación teatral e a actividade escénica”. Cada curso desenvolve dous proxectos de actuación, a Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores e os obradoiros municipais de teatro.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...