“Cada quen canda o seu sol”. Antón Luaces

17 Novembro 2023

Non sei, obviamente, a onde vai chegar esta situación que se vive en Madrid no particular “proçés” contra o Goberno -que preside novamente Pedro Sánchez- pero sí sinto preocupación pol​as informacións que circulan hoxe en torno a un chamado feito público por máis de medio cento de militares retirados que “alzan a súa voz” para pedir “aos responsabeis da defensa do ordenamento constitucional , a destitución do Presidente do Goberno e a convocatoria de eleccións xerais”. Sobmeten esta petición “á consideración da cidadanía española” ao obxecto de “previla e de que tome conciencia da gravidade da situación actual”.
Un dos asinantes do manifesto é un capitán retirado do Exército do Aire que, segundo el mesmo confirmou a infoLibre, afirma este xornal, corroborou os puntos esenciais do comunicado: a reclamación ao Exército de destituir a Pedro Sánchez, reelexido presidente do Goberno este xoves, e convocar eleccións”.
O escrito acusaría ao poder executivo de copar a maioría dos órganos xudiciais , segundo o texto feito público, que “anula a independencia do poder xudicial e a separación de poderes”, que coidan “está en grave perigo pola falta de independencia xudicial, a desigualdade dos cidadáns españois anmte a lei e a posible unidade da Nación española.
A Constitución, sinala no seu artigo 8.1 que as Forzas Armadas, amáis de garantir a soberanía e indepen- dencia de España e a defensa da súa unidade territorial, ten a de “defender o ordenamento constitucional.
Consideran a posible ruptura da unidade da Nación española, única e indivisible” ou “o desprezo aos Corpos de Seguridade do Estado propiciando a desaparición da Garda Civil de Navarra, a cesión de Comisarías en Cataluña e a violación continuada das nosas fronteiras por inmigrantes ilegais”.
O xa citado xornal fai recaer o liderado deste movemento nun xeneral de división retirado, xunto con outros xenerais de brigada, coroneis, comandantes e capitáns, algúns dos cales poderían ser dos militares franquistas participantes nun chat no que se dicía “non queda máis remedio que comezar a fusilar a 26 millóns de fillos de puta”.
Naquela ocasión remitiron unha carta ao Rei Felipe VI, na que máis de 70 altos mandos retirados facían seu o argumentario da formación de estrema dereita VOX contra o Goberno de coalición presidido por Pedro Sánchez.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.