Boiro presenta á area de cultura o proxecto de dinamización cultural do Pazo de Goiáns

27 Novembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, mantiveron esta mañá unha xuntanza coas deputadas Natividad González e Soledad Agra para presentarlles o programa cultural do Concello de Boiro e coñecer as posibles liñas de colaboración.
A concelleira, María Outeiral, presentoulle o programa anual de actividades que o Concello de Boiro leva a cabo no Pazo de Goiáns co obxectivo de dalo a coñecer e buscar liñas de colaboración entre as dúas administracións. “Este espazo supón unha gran oportunidade de presente e futuro para a dinamización cultural e turística de Boiro e de toda a comarca do Barbanza”, afirmou María Outeiral.
Visitas guiadas e teatralizadas, presentacións literarias, xornadas temáticas, actuacións de música tradicional ou proxectos singulares como a Romaría das Letras ou o Mes da Danza son algunhas das principais actividades que se levan a cabo durante o ano. “Goiáns é un contedor de cultura que atrae cada vez a máis público e que precisa de financiamento para poder levar a cabo actividades”, afirmou a concelleira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.