Boiro pon o foco na violencia en ámbitos de ocio nocturno e na mocidade durante o 25N

25 Novembro 2023

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, participaron esta mañá na lectura do manifesto colectivo con motivo do 25N, Dia Internacional conta a Violencia de Xénero. A rapazada dos centros de ensino do municipio foi a protagonista da lectura do manifesto que puxo o foco na violencia que acontece nos ámbitos nocturnos.
Cada vez son máis os casos de violencia de xénero a idades máis mozas e en contextos de ocio nocturno, por iso este ano, con motivo do 25N, a reivindicación se centra na información para a erradicación deste tipo de conductas en idades máis temperás. “É na adolescencia, nas idades máis mozas, onde temos que incidir para erradicar a violencia contra as mulleres e para que este día non teñamos que saír á rúa para reivindicar a igualdade”, recoñeceu o alcalde.
“Resulta imprescindible que a xuventude de hoxe, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero, recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos e, a continuación, se converta en protagonista do logro dunha sociedade libre de violencia contra a muller”, afirmou o concelleiro de Política Social, na declaración do goberno boirense en rexeitamento da violencia de xénero.
Durante a mañá, no Centro Social de Boiro, tivo lugar a proxección da curta “Lavadoiros” de Lois Patiño, unha peza na que participan 11 mulleres anónimas da zona do Barbanza e que trata sobre a dignificación da muller galega a través dos lavadoiros. Xunto coa proxección, as mulleres dos talleres de memoria da Cruz Vermella de Boiro participaron nun coloquio moderado por
Nía Tarrio sobre os lavadoiros como espazos de socialización e sororidade, case de exclusividade feminina.

Raquel Queizás achegou aos máis cativos os seus “Contos pola igualdade” e pola tarde continúan as actividades programadas polo Concello de Boiro con motivo do 25N coa charanga Bicoia que animará as rúas de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.