Boiro pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego coa colaboración de Rianxo e A Pobra

23 Novembro 2023

O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra, impulsou un novo Programa Integrado de Emprego para o curso 2023-2024 no que se van a formar 100 mulleres desempregadas. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañado dos alcaldes de Rianxo e A Pobra, Julián Bustelo e José Carlos Vidal, visitaron o Centro de Formación para coñecer ao persoal que vai levar a cabo o programa.

Segundo explicaron fontes do Goberno boirense, o programa está destinado a 100 mulleres da comarca inscritas como demandantes de emprego e, durante 12 meses nos que se vai desenvolver a iniciativa, van recibir formación específica e tamén xornadas formativas destinadas a mellorar as súas habilidades para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral. “É a quinta edición deste Programa Integrado de Emprego que cada ano ten moi bos resultados de inserción. A integración agora dos Concellos de Rianxo e A Pobra vainos permitir chegar a máis persoas demandantes de emprego e fomentar a inserción laboral na comarca”, recoñeceu José Ramón Romero, alcalde boirense.

A formación que inclúe esta nova edición do programa consta de módulos formativos en Envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; Elaboración de pezas cárnicas; Sistemas e Procesos Loxísticos; Marketing online; Cociña, Atención ao Cliente; Restauración; Preparación de produtos do mar… entre outros.

Ademais da formación en módulos específicos, o programa inclúe outras accións tranversais como a formación para a mellora da empregabilidade, formación en habilidades sociolaborais, idiomas e novas tecnoloxías, prospección de ofertas, deseño de currículos… “A formación conta con módulos transversais para favorecer a procura activa de emprego e tamén formación específica nos sectores produtivos da zona para garantir a empregabilidade na comarca”, afirmou o alcalde.

Todas as persoas inscritas contarán cunha bolsa de asistencia de 10 euros por día e un módulo específico de prácticas en empresas do Barbanza. Para facilitar a conciliación vaise facer unha aposta polas novas tecnoloxías, adaptación horario e flexibilidade en función das necesidades das participantes.

Para participar neste programa as persoas interesadas deben inscribirse como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar a asignación do código 930. Máis información sobre o programa nos enderezos electrónicos cesar.cortinas@boiro.gal e fatima.gomez@boiro.gal ou nos teléfonos 650 042 409 e 659 247 963.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.