Boiro organiza este sábado unha xornada micolóxica

23 Novembro 2023

Boiro vai celebrar este sábado unha xornada micolóxica para incrementar entre a poboación o coñecemento dos cogomelos e a súa importancia ambiental.

Ademais, a actividade subministrará aos asistentes información de utilidade para axudalos a distinguir as diferentes especies dos fungos comestíbeis dos que non o son.

A xornada dará comezo ás 9.00 horas no Centro Social de Boiro, cunha conferencia de introdución á micoloxía e os seus ecosistemas a cargo de Saúl de la Peña, da Universidade de Santiago. Ás 10.00 horas está programada unha saída ao campo para a recollida e a limpeza de cogomelos. Inscricións en saul.delapena@gmail.com.

A saída de campo estenderase até as 16.00 horas aproximadamente. En caso de choiva será suspendida.

É axeitado acudir con roupa e calzado cómodo (recomendábel roupa de recambio) e carrexar cesta, navalla e pincel. Tamén levar comida para xantar no campo.

Colabora o Concello de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.