Boiro celebra a “XVIII carreira popular Mar de Boiro, memorial a Pepe Buceta” será o 3 de decembro

17 Novembro 2023

O Concello de Boiro celebra o vindeiro domingo 3 de decembro a XVIII carreira popular Mar de Boiro. 16º memorial a Pepe Buceta. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico de Deportes, Manuel González, presentaron esta mañá a proba.
A proba forma parte do VI Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do IX Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña, ademais de estar incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
Consta de tres categorías distintas, a primeira delas engloba as carreiras Mini e Supermini para idades de ata os 7 anos, será de 200 metros e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil. A seguinte categoría, a de escolares, sairá ás 11.05 horas da rúa Principal e terá un percorrido de 2.500 metros; e a carreira longa de 10.000 metros para categorías xerais sairá ás 11.00 horas da rúa Principal.
O percorrido da carreira será o mesmo das pasadas edicións e sairá da rúa Principal para percorre a Av. de Compostela dirección Praia Xardín, o paseo Marítimo de Barraña ata o Saltiño e chegará ata Mañóns para regresar a Boiro, onde estará instalada a liña de meta na rúa Peonil. “Esta proba é xa un clásico para nós, un día para desfrutar do deporte en familia e do noso municipio”, recoñeceu o concelleiro de Deportes.

Os trofeos premiarán aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino, e tamén aos tres primeiros corredores e tres primeiras corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e clasificación de Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade. “Para o departamento de deportes o máis importante é a seguridade polo que imos contar coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, a Guardia Civil e persoal voluntario”, afirmou o técnico de Deportes.
Neste momento hai preto de 300 persoas inscritas e as inscricións están abertas ata o xoves 30 de novembro a través da páxina de emesports.es.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.