Boiro acolle este martes dúas charlas sobre a fracción da materia orgánica e sobre educación para adolescentes

20 Novembro 2023

Boiro acolle este martes 21 de novembro dúas actividades formativas de gran utilidade para a veciñanza. Por unha banda, ás 17.00 horas dará comezo no Centro Social de Boiro unha charla formativa sobre a implantación da fracción de materia orgánica. Trátase dunha actividade organizada pola sociedade ambiental autonómica SOGAMA no marco da Semana Europea de Prevención de Residuos.

Ademais, o Centro Social de Boiro será o escenario este mesmo martes, a partir das 18.00 horas, dunha charla divulgativa enmarcada na nova edición de Espazo Familias que nesta ocasión leva por título Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía. Esta xornada (a primeira de tres) estará impartida por Mercedes Urbiola, pedagoga e experta no método Montessori e versará sobre o acompañamento académico. Paralelamente haberá un obradoiro para rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.