Barbanza Arousa expón o seu modelo de gobernanza turística no encontro internacional “Sustentabilidade, turismo e innovación”

09 Novembro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa participa hoxe e mañá no evento “Sustentabilidade, turismo e innovación” xunto con outras administracións nacionais e internacionais que levan a cabo diferentes proxectos de referencia en sustentabilidade e innovación.

Neste encontro, Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade, formará parte dunha mesa redonda, na que exporá o modelo de gobernanza turística que se está a levar a cabo na entidade e que é clave para o desenvolvemento turístico do destino.

Tratará os ambiciosos obxectivos do ente entre os que destacan a desestacionalización, o incremento da pegada económica por turismo e o posicionamento como destino enogastronómico e xacobeo de referencia. Asemade, exporá a estratexia para a consecución dos mesmos, baseada na colaboración público-privada, dando voz aos axentes do sector para o seguimento dos proxectos, así como a definición e execución de actuacións de forma cooperativa. Exemplos coma as mesas de traballo para a elaboración da estratexia para concurrir ao Plan de Sustentabilidade Turística ou a implantación de distintivos de calidade son algunhas das iniciativas levadas a cabo neste senso.

Outros artigos

Fin de semana con sol e temperaturas altas

Durante o sábado teremos os ceos moi abertos en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegando ós 26 graos. Os ventos soprarán do sueste frouxos en xeral, do nordés moderados entre Bares e Fisterra...

+

Actividades de Samaín en Ribeira

Os días 1, 2 e 3 de novembro en Ribeira teremos o Samaín organizado pola asociación cultural Alfaia e as Concellerías de Cultura e Mocidade de Ribeira con exposición de monstros no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia) do 1 ao 03/11, exhibición...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

“Fóra de tódalas escusas”. Luís Celeiro

Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de elite e de privilexiadosescondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho demorto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na queti ou todos...